Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

domingo, 7 de julio de 2013

Despedida

 Este é un momento moi difícil para min!
 Teño que despedirme despois de pasar tres maravillosos cursos cos vosos fillos e fillas ,  tres anos nos que  medraron  e  pasaron moitas cousas : risas , choros  , alegrias , enfados , sorpresas  , viaxes ,  actuacións ( somos uns artistas)  etc... e donde tamén aprendemos moitas cousas : a compartir , a axudar , a perdoar , a valorarnos, , a esforzarnos , a dicir la verdade , a ser tolerantes e , tamén aprendemos onde está Canadá, que animais viven no polo Sur , onde está a pupíla , e..... as letras para poder escribir  esas palabras tan importantes  coma  MAMÁ , PAPÁ  , e moitas outras coma: amigo , quérote , gominola  , monster high , spiderman , e os números para poder dicir ..xa teño 3 anos!!!!
.Pero sobre todo aprendemos a querernos e a respetarnos  e  espero que eso non  o esquezades  nunca , en todas as facetas da vosa vida.
Estes tres anos pasaron moi rápido , sodes a primeira xeración de PITIÑOS LILAS ,  espero que saian moitas máis , pero  sendo os  primeiros ocupades un lugar especial no meu corazón .
Xa sabedes  que vos quero , e que cando necesitedes algo sempre me atoparedes na clase  LILA .
                        MOITOS BICOS E MOITA SORTE NA VOSA NOVA ANDADURA .

  
                                                               ANA .

E moitas grazas as familias por axudarme neste traballo tan maravilloso que é  ser Mestra .
                       
GRAZAS .

No hay comentarios:

Publicar un comentario