Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

jueves, 29 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O día 26 dende o concello viñeron a falarnos da igualdade entre nenos e nenas. Contáronnos un conto que se titula "Vanesa non quere ser princesa"e despois falamos sobre o tema e dixemos de debuxamos o que seriamos de maiores.









E aquí os nosos debuxos!!!
















25 de NOVEMBRO

O 25 de novembro celebramos o  " Día Internacional da Non Violencia contra a Muller".
Nós falamos entre tod@s do tema e fixemos o lazo  ,que recorda o día, en masa de modelar e pintámolo de lila.








20 NOVEMBRO.

O 20 de novembro celébrase o" Día Universal do Neno e Nena" data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos séus Dereitos.
Entre tod@s fixemos uns carteis para recordalos.
O noso dereito foi "Dereito á saúde"

Tamén cantamos todos xunt@s unha canción.

martes, 27 de noviembre de 2018

EXPERIMENTO

Outro dos experimentos coa auga foi " a temperatura e densidade"
Teñimoa a auga quente de cor vermallo e a auga fría de cor azul e cando as mezclamos vimos que......




a auga fría foi ao fondo e a quente quedou arriba 





a auga quente flota na auga fría, xa que a auga quente é menos densa que  a fría.

ANIVERSARIO

O 15 de novembro Sara cumpriu 5 anos!!!! 
                                                                     PARABÉNS!!!!!!!






lunes, 26 de noviembre de 2018

PINTANDO CON SPRAY

Conxugando o outono , a auga e arte fixemos un traballo que nos quedou ben bonito! fixemos unha obra de arte con spray e follas.
Primeiro fixemos a composición coas follas do noso cuadro









despois fixemos o fondo co spray de diferentes cores 














Deixamos secar , levantamos con moito coidado as follas





e este foi o resultado!!!!