Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

martes, 26 de noviembre de 2013

Plástica.

A semana pasada coa profe Sonia  fixemos uns cuadros moi bonitos.
 Usamos.....esmalte  de uñas!!!!!
Foi moi divertido, vertemos a pintura das uñas en auga e despois puxemos o lenzo enrriba e... xa está!!!!!.







 Mirade que ben nos quedou!!!!!!!!!!!!
 E despois tamén fixemos un cuadro cada un de nós.


jueves, 21 de noviembre de 2013

Dereitos dos nen@s

E hoxe fixemos o mural dos Dereitos dos Nen@s , pasámolo moi ben e quedounos moi chulo.














E outra canción que nos fala dos nosos dereitos.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NEN@S

O 20 de Novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s.
Hoxe estivemos falando un pouquiño sobre o tema , e aprendemos una canción que nos vai contando todos os dereitos que teñen os nosos nen@s.
Mañá faremos un mural entre tod@s  para recordalos.


jueves, 14 de noviembre de 2013

DIABETES

Hoxe celébrase o Día Mundial da Diabetes , e como no cole temos dous compañeir@s que teñen esa enfermidade ,  a clase amarela e nós fomos ver un vídeo donde nos conta como as persoas  que a sofren teñen que facer para convivir con ela  e levar una vida normal , coma a de todos os demáis.
O vídeo conta a historia dunha nena que fai todo o que é necesario para estar ben ,  e disfrutar cos séus compañeir@s.
Títulase "Carol ten diabetes"





martes, 12 de noviembre de 2013

P. Lector

E seguimos vendo e escoitando máis artistas , esta vez foron os nenos e nenas da clase amarela que representaron o conto " Lobo Feroz"
Fixéronno de maravilla!!!!!!!!!! tantos animais que queria comer o pobre do lobo e ao final tivo que pasar con "papas de arroz"!!!!!!!!!!!!!!
Mirade que guapisim@s estaban!









          ESCOITADE A CANCIÓN QUE CONTA A SÚA HISTORIA  , E QUE CANTAMOS TD@S AO FINAL.

lunes, 11 de noviembre de 2013

P. Lector

A  semana pasada os nen@s de 4º B e hoxe os de 4ºA representaron para todo Infantil uns contos que nos gustaron moito.
4ºA- Xa sei vestirme só.
4ºB - O pitiño busca un amigo.




Estivemos moi atentos para cando nos toque a nós representar un conto! que......... o faremos!!!!!!!!!!

domingo, 3 de noviembre de 2013

Visita á Biblioteca

E por fin fomos visitar a Biblioteca do cole donde estaban expostas moitísimas cabazas , todas eran moi divertidas e non nos daban nada de medo.
Tamén nos viñeron visitar á nosa aula nen@s de 1º  disfrazados de monstruos , co  mestre de conversación en Inglés Christopher , e démoslles uns caramelos xa que nos dician " Trick or Treat " que é " Truco ou Trato " porque eles estaban representando o "Halloween"( como somos un Centro Plurilingue)
Así rematamos as actividades do Samaín  por este ano.
E pola tarde antes de marchar fomos despedir ao mestre SINDO que vaise de vacacións para sempre!!!!!!  xubílase  despois de 35 anos no ensino , ten o descanso ben merecido . Moita sorte Sindo.