Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

miércoles, 15 de enero de 2014

Aniversario

No mes de Decembro  Lucas cumpriu 3 anos , pero coma estabamos de vacacións celebrámolo á volta.
Trouxo un bizcoito que estaba boisimmoo!!! comémolo todo!!
moitas grazas mamá!

Sorpresa

Ao voltar das vacacións de Nadal atopamos que na nosa aula había uns agasallos!!!
Os Reis deixáronnos:
-Unha manta para podernos tapar cando esteamos maliñ@s ou para xogar con ela.
-Un libro que fala dos soños ( e que os Reis saben o que nos gustan os contos!!!!)

moitas gazas Melchor , Gaspar e Baltasar !!!!!!





sábado, 4 de enero de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Coma todos os anos  ao chegares o Nadal  no cole celebramos un festival , pero este era para nós o primeiro , e estabamos un pouco nerviosos.
Este ano tiñamos un escenario con un pano que nos tapaba ao público que estaba a mirar , cando se abriu , e vimos tanta xente , quedamos un pouco paralizad@s , ainda que nós non somos moi vergonzos@s!!!
 Despois de actuar , e facelo moi ben , recibmos os primeiros e grandes aplausos do día ,
 tamén nós estivemos moi atentos ás actuacións dos compañeir@s.
 Ao final , chegou o gran esperado... o Carteiro Real , que recolleu as nosas cartas para que as Suas Maxestades nos poidan traer todo o que lle pedimos, porque portámomnos moi bennnnn!!!
Antes e actuar

Preparad@s.....


Ábrese o pano...
Cantamos

Fácemolo moi ben!!!
Todo o mundo nos mira!!!!!!!!!!


Nós tamen estamos moi atentos cando actuan os nosos compañleir@s!!!! 


CARTEIRO REAL

Recolle todas as nosas cartas!!!



E marchamos coa esperanza de que lles cheguen !!!!!!!

                          
            BO NADAL E FELICES FESTAS