Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

miércoles, 26 de febrero de 2014

ENTROIDO

Xa está chegando o entroido!!!!!!! e na nosa clase apareceron un montón de disfracessss!!!!



























QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 25 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela  Rosalía de Castro ,  a súa obra "Cantares Gallegos" é considerada a primeira gran obra da literatura galega contemporánea .
Escribir en galego no tempo no que viviu Rosalía non era fácil para unha muller!!!!
O 24 de febreiro é o día de" Rosalia  de Castro " e nós traballamos  e ata aprendemos unha canción  que fala dela nun poema .(Uxía ." Rosalía Pequeniña " libro- disco)
Tamén participamos na confección dun mural entre as clases de tres e catro anos , e os de cinco escribiron un poema .






                                                                                                                                                                                E , na nosa aula pintamos cada un a nosa Rosalía , escribimos a séu nome , e no poema da canción atopámolo , rodeámolo e debuxámola .













  
TRABALLAMOS  MOITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

domingo, 23 de febrero de 2014

Aniversario

Tamén o día 21 foi o aniversario de Noa  e Sara que cumpriron 4 anos!!!!!
Comemos un bizcoito que estaba boisimooo e sopramos as candeas con elas!!!
 moitos PARABENS!!!!.
E xa que coincide co día da lingua materna escoitamos en distintas linguas o " Cumplaños Feliz !

LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro celébrase Día da Lingua Materna .Nós fixemos varias actividades para recordalo.
A clase amarela visitounos e trouxéronnos uns contos noutras linguas e o profe Diego leunos algúns en italiano, portugués , vasco e gustounos moito!



 Tamén tivemos outra visita moi especial , Ana  a mamá de  Nicolai  que nos contou o conto dos tres porquiños en ....BULGARO!!!!! , e Miguel o papá de Juan Diego e  Martín que nos un conto da curuxa Julieta en....PORTUGUÉS!!! estivemos moi atento@s e fixémoslles moitas preguntas.
Foi unha experiencia moi interesante!!!!!!así vimos que nen@s escoitan e len noutras linguas distintas á nosa .

lunes, 3 de febrero de 2014

PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día da  Paz e a non Violencia , este ano no cole adicámolo a Nelson Mandela ,que foi o primeiro presidente de Sudáfrica elexido democráticamente e que loitou pacificamente contra a segregación racial no seu pais. Recibiu o premio Nobel da Paz no 1993.

Nós aprendemos que Mandela ( ou Madiba como se lle coñecía tamén ) quería que tod@s fosemos iguais daba igual a súa cor.
Por iso fixemos un mural con Mandela de todas as cores.
Tamén outro mural co símbolo da Paz e outro cheo de bicos para darlle o tod@s os que queremos.


E outro coma se fose un puzzle entre tod@s os alunm@s do cole formando a cara de Mandela e cantamos unha canción con Mª José , a mestra de música.