Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

lunes, 3 de febrero de 2014

PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día da  Paz e a non Violencia , este ano no cole adicámolo a Nelson Mandela ,que foi o primeiro presidente de Sudáfrica elexido democráticamente e que loitou pacificamente contra a segregación racial no seu pais. Recibiu o premio Nobel da Paz no 1993.

Nós aprendemos que Mandela ( ou Madiba como se lle coñecía tamén ) quería que tod@s fosemos iguais daba igual a súa cor.
Por iso fixemos un mural con Mandela de todas as cores.
Tamén outro mural co símbolo da Paz e outro cheo de bicos para darlle o tod@s os que queremos.


E outro coma se fose un puzzle entre tod@s os alunm@s do cole formando a cara de Mandela e cantamos unha canción con Mª José , a mestra de música.



No hay comentarios:

Publicar un comentario