Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA


Hoxe 21 de marzo celébrase o día da poesía, e nós fixemos unha coa axuda da nosa familia.
Mirade que ben sairon.















 Tamén fomos escoitar os nen@s de 4ºB que recitaron moi ben, é alguhas eran larguisimas!!!!!!
Canto tiveron que memorizar!!!!!!!, estivemos moi atentos para cando nos toque a nós facelo!!!!!!  que será pronto..


martes, 19 de marzo de 2013

MOSTRA ETNOGRÁFICA

Durante estas dúas primeiras semanas de marzo estivo exposta no colexio a "Mostra Etnográfica."
Grazas ás aportacións de moitas familias do alumnado poidemos   coñecer como vivian os nosos devanceiros; a traves das súas  ferramentas , costumes, e ritos.
Tamén aprendemos un montón de palabras novas que descoñeciamos.






 Foi moi instrutivo á vez que divertido!!!!!!!!!!!!

domingo, 17 de marzo de 2013

A MOSCA CHOSCA

O venres a clase amarela representou para todo infantil o conto " A mosca chosca "

 Fixérono moi ben e gustounos moito.

jueves, 14 de marzo de 2013

ANIVERSARIO

Hoxe Alba estivo de cumpreanos!!!!!!!!! xa ten  6 anos , que maiores vos estades facendo!!!!!!!
Comemos unha tarta riquisima e tamén tomamos zume . Moitas grazas .
                                PARABENS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! E MOITOS BICOS!!!!!!!!!!!!!!!!

lunes, 11 de marzo de 2013

CONCERTO

Hoxe tivemos a gran sorte de contar no colexio co sexteto de corda frotada "Arco Iris" no que a mamá de Sabela da clase amarela toca o violín.Pasámolo moi ben aprendemos moitas cousas.

 - O que significa "piano" e " forte" na música .Iso  ensinárono tocando un  f ragmento da "Pequena Serenata Nocturna" de Mozart.

- Despois tocaron unha marcha, "Marcha Radetzky" de Johann Straus (pai 1848).
- Tamén un vals "Danubio Azul " de Johann Straus (fillo 1867).
-Un jazz.
- Unha peza do folckore Irlandes.
-O cumpreanos feliz.
-E remataron tocando a canción de" Bob Esponja" que nós cantamos con eles.




 Como vedes foi un gran concerto!!! Moitas grazas por vir ao noso cole!!!!

viernes, 8 de marzo de 2013

LOS COLORES

Hoxe é o día da muller traballadora , e nós para celebralo , representamos para primeiro ciclo o conto- obra " Los Colores", que nos conta que cada un temos a nosa forma e ser e tod@s temos os mesmos dereitos e obligacións.
 Os nervios do directo fixeron que nos atrancaramos algunha vez , pero saíunos moi ben!!!!!!!!!
                                                                                                   
 E xa estamos preparando a próxima representación.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Carapuchiña Vermella



Hoxe no Plan Lector  alumnas  de 6º representaron para nós unha obra de títeres "Carapuchiña Vermella" pero érache ben distinta  á que nós coñecíamos. Gustounos e rimos  moito!!!!!!!! fixéstedelo fenomenalllllll.

lunes, 4 de marzo de 2013

¿Hello what is your name?

Hoxe entrei un momentiño na aula cando estaban na clase de inglés e..... tívenos que gravar  !!!!!!!!!!  mirade que ben o fan  e canto aprenden !!!!

viernes, 1 de marzo de 2013

Quen dixo bombóns?

O nen@s de 2º  representaron o conto  "Quen dixo bombóns",  fixéronno moi ben e gustounos moito .
Tamén se celebrou o día 24 de febreiro o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o 150 aniversario do seu libro " Cantares Gallegos",  o colexio participou  na gravación  dunha lectura conxunta con outros coles de Galicia de dito libro, sendo o capitulo nº 37 "Compadre desque un vai vello" o que nós recitamos   Mirade que ben o fixeron!!!!!!  .
Nesta semana estivemos de celebracións, o día 21 celebrouse o Día da Lingua Materna e , ademáis da nosa , tamén colocáronse no mural distintos textos e libros noutras linguas  Inglés ,Tagalo ,Américo , Chinese, Rumano, xa que no noso centro hay nen@s de distintas razas.