Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

martes, 12 de junio de 2012

AREPAS.

Onte foi un día moi especial  veu a nosa aula a mamá de Daniela , Eli " tia Eli " como lle chaman tod@s , e veu facer AREPAS ( http://es.wikipedia.org/wiki/Arepa  ) con nós, que é unha comida típica de Venezuela ( a receta tróuxoa a avoa de Daniela e María de Venezuela de cando estivo alí), amasamos a fariña e a auga (morna) e fixemos unhas bolas que despois aplastamos ,  foi moi divertido amasar (  ainda que a algun@s  iso de meter as mans na masa................dáballes un pouco de reparo! ) despois levámolas á cociña e alí estábannos esperando José Luis , Asunción , Elvira e Elena ( o cociñeiro e as súas axudantes)  para  ver como  se  preparan  as Arepas . Despois  voltamos á aula e cando esíiveron  listas comémolas e .........estaban.................. boisimasssssssssssss!!!!!!!!!!que ben o pasamos ! ,  e agora quédanos aprender cousas  sobre........  Venezuela , o continenteb Americano ,os alimentos típicos..................como vedes non paramos de aprender cousas  .Moitas GRAZAS a tod@s os que fixeron posible esta actividade!( O vídeo está en catro partes porque o "cámara" tivo alguns fallos !) Mañá  as fotos!!!!!

domingo, 10 de junio de 2012

P.lector.



Esta semana alguns nen@s de 6º representaron para infantil o conto de Kalandraka   "A mosca chosca " fixéronno moi ben, coma sempre!!!!!!!










martes, 5 de junio de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente



Hoxe 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e nós , como bos ecoloxistas que somos , recordámolo falando e facendo unha fiha sobre o tema . 





miércoles, 30 de mayo de 2012

Poesía -Adiviña....e sorpresa

Esta semana estamos a recitar para todo o cole unha poesía- adiviña que adaptamos un conto que se titula "¿De quíen es este rabo? , pero nós facémolo en galego . Tamén xurdiu outra actividade , Alba aprendeu un conto tan ben , que quixo contárllelo aos seus compañeir@s e ao resto do cole , así que...... convértese en Carapuchiña Vermella e contanos un conto  un pouco ........."confundido". Mirade que ben o facemos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!(non sei se de aquí saíra algún futuro premio Goya!)

lunes, 28 de mayo de 2012

PSICOMOTRICIDADE




                    

 
Hoxe como facía moi  bo día  fixemos  psicomotricidade con Candela fora , no tobogán e nos balancíns , como nos divertimos!!!!!!!!!!!!!!