É tempo de Samaín !!!!! e festexámolo na escola!!!!
Trouxemos as nosa cabazas.
Por mor das obras no cole non se puido facer a exposición nunha aula, pero colocáronse as cabazas polos distintos corredores de Infantil e Primaria.
Fomos dar unha volta por todo o cole para velas.
Aprendemos os medos do Samaín , que non son os mesmos que os do Halloween, e fixemos un comecastañas monstruosos para o día do Magosto.
Tamén o profe Maika contounos un conto de Medooooooo!!!
O venres celebramos o Magosto e viñemos disfrazados, esta vez de Halloween.
Estabamos aterradores e tamén guapisimos !!!!!!!!
Pola mañá tivemos xogos.
E pola tarde comemos as castañas e bailamos!!!!!!
Pasámolo Xenial!!!!!!!