Este ano disfrazámonos de " XENERAIS DO ULLA " formando parte co resto das aulas de infantil do disfraz conxunto que representaba os distintos Entroidos Galegos.
Así de guapísim@s estabamos !!!!!! con cabalo e todo!!!!!!
E saímos dar un paseo polo pobo para que nos visen tod@s
O día 30 do mes de xaneiro celebramos o Día da Paz, pero nesa semana fixemos varias actividades relacionadas co tema.
Pintamos pombas,
Para colocalas no mural da aula.
Pintamos ente tod@s o P da palabra PAZ para colocar no mural do cristral feito entre todas as aulas,
E o propio día fomos ao patio do cole dos maiores e deixamos a nosa man pintada no mural do corredor e despois fomos cantar tod@s a canción que nos ensinou o profe Carlos.