Hoxe celebramos o aniversario de Alba Mallo que tamén xa ten 5 anos!!!!!
PARABÉNS!!!!!!
Como cada 23 de abril celebramos no cole o Día do Libro.
Este ano a cada aula tocoulle un escritor/a ,a nós tocounos Tareixa Alonso ,que fixo adaptacións de contos populares como : Os sete cabritos, O anano saltadeito ,O galo Quirico, entre outos.
Durante esta semana e a pasada gozamos no cole de dous kits de pezas LUPO emprestadas polo CFR da Coruña. Hoxe foi o noso turno e pasámolo así de ben!!!!
Este fin de semana Zoe e a súa mamá contaron o conto de PETRA e mandaron este vídeo.
Moitas grazas.
O venres estivo no colexio Protección Civil do Concello de Abegondo, donde realizou unha demostración dos medios cos que contan para actuar en situaciós de emerxencias e tamén un bombeiro da Coruña que nos ensinou como son os diferentes traxes que utilizan para apagar lumes no monte ou nas casas.