Durante estes días celebramos os aniversarios de JULIA e ANXO que xa teñen 5anos!!!
PARABÉNS
O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, e nos estivemos durante toda a semana traballando poemas, uns de Manuel María e outros de Gloria Sánchez, e así quedou o traballo feito cun deles "Inverno" do libro "Terra Cha" de Manuel María.
O 8 de marzo celébrase o" Día da Muller" , e este ano organizouse no cole unha xincana con diferentes probas.
PROBAS
1ª PINTAMOS CON MARUJA MALLO
Coñecemos obras desta pintora galega e entre todos fixemos un mural.