Hoxe fomos nos os que recitamos !!!!!!!!! fixémolo na Biblioteca para os nen@s de 4 anos B e para os de 5 , estabamos un pouco nervios@s, pero saíunos bastante ben para ser a primeira vez que o facíamos. Recitamos un poema do libro de Ana Mª Fernández "Pola rúa dos versos" que fala dos amigos . Aquí podedes ver algunhas fotos , pero como o luns farémolo outra vez para os nen@s de 3 anos e 1º, de seguro poderemos vernos nun video , e xa teremos uns pouquiños menos de nervios !!!!!!!!
viernes, 27 de abril de 2012
jueves, 26 de abril de 2012
Hoxe lemos e .....cantamos.
lunes, 23 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO.
Hoxe ao entrar na aula .....................oh................. !!!!!!SORPRESA!!!!!!!!!tiñamos enriba da mesa un conto e un ramo de queiroas!!!!!!!!! para celebrar que hoxe é o día do libro .Cada 23 de abril celébrase a nivel internacional o Día do libro , co obxetivo de fomentar a lectura e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor .Tamén hoxe é San Jorge e felicitamos ao noso compañeiro cun debuxo e un montón de bicos ; despois, no plan lector na sala de usos múltiples estaba" Lila Trotamundos" que nos contou unha historia que nos gustou moito! . Pasamos un moi bo día do libro!!!!!!!!!!!!!.
domingo, 22 de abril de 2012
viernes, 20 de abril de 2012
TINTES NATURAIS.
Esta semana fixemos unha actividade relacionada coa auga :"TINTES NATURAIS".Pedimos na cociña distintos materiais cos que tinguir agua e , Jose Luís o noso cociñeiro, (que sempre está disposto a axudar) deixounos: azafrán , pementón e pousos de café , cos que fixemos os tintes . Despois utilizamos unha técnica moi divertida ,"o soprido", cunhas palliñas sopramos enriba da cartuliña e quedounos un cadro moi orixinal! .Aqui podedes ver o proceso e o resultado final . Ao rematar fomos á cociña para que o visen ,gustoulles moito! GRAZAS! a tod@s . As obras están expostas no corredor de Infantil.
lunes, 16 de abril de 2012
Encoro de Cecebre.
Cara ao encoro |
Mira a ver que ves? |
patossssss |
Atopamos follas de menta! |
Estamos aquí !. |
Máis patosssss. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)