Onte foi un día moi especial veu a nosa aula a mamá de Daniela , Eli " tia Eli " como lle chaman tod@s , e veu facer AREPAS (
http://es.wikipedia.org/wiki/Arepa ) con nós, que é unha comida típica de Venezuela ( a receta tróuxoa a avoa de Daniela e María de Venezuela de cando estivo alí), amasamos a fariña e a auga (morna) e fixemos unhas bolas que despois aplastamos , foi moi divertido amasar ( ainda que a algun@s iso de meter as mans na masa................dáballes un pouco de reparo! ) despois levámolas á cociña e alí estábannos esperando José Luis , Asunción , Elvira e Elena ( o cociñeiro e as súas axudantes) para ver como se preparan as Arepas . Despois voltamos á aula e cando esíiveron listas comémolas e .........estaban.................. boisimasssssssssssss!!!!!!!!!!que ben o pasamos ! , e agora quédanos aprender cousas sobre........ Venezuela , o continenteb Americano ,os alimentos típicos..................como vedes non paramos de aprender cousas .Moitas GRAZAS a tod@s os que fixeron posible esta actividade!( O vídeo está en catro partes porque o "cámara" tivo alguns fallos !) Mañá as fotos!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario