E así o fixemos, divertímonos moito.
Tamén tivemos visitas moi especiais!!!!!!
O luns viñeron ao cole "O entroido de Samede" en Paderne que están a recuperar o entroido dos séus ancestros.
O martes veu ao cole un representante dos FELOS de Maceda , que nos ensinou as súas carautas e como e fan.
e o mércores tivemos unha visita moi especial, unha TROTEIRA de Bande!!!! pero non era unha troteira calquera non ,era a profe Maika!!!!! que é de Bande e desde pequena sae todos os anos a percorrer as rúas do seu pobo!!!
explicounos como é o entroido no séu pobo e como se fai o traxe.
estámoslle moi agradecid@s a Maika por contarnos todo.e por fin chegou o venres , o día do desfile, este ano os difraces fixéronse en familia , cada un na súa casa. o tema eran animais do mar , e tivemos unha chea deles!!!!!moitas grazas polo traballo realizado.
pero antes de desfilar polo pobo merendamos todas as lambetadas de entroido que fixeron nas casas.
coas forzas repostas saímos a desfilar!!!
ao chegar de volta cantamos todo o cole canción do entroido no patio.
e para rematar fomos comer que xa tiñamos moita fame!!!
A disfrutar do ENTROIDO!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario