Este é un momento moi difícil para min!
Teño que despedirme despois de pasar tres maravillosos cursos cos vosos fillos e fillas , tres anos nos que medraron e pasaron moitas cousas : risas , choros , alegrias , enfados , sorpresas , viaxes , actuacións ( somos uns artistas) etc... e donde tamén aprendemos moitas cousas : a compartir , a axudar , a perdoar , a valorarnos, , a esforzarnos , a dicir la verdade , a ser tolerantes e , tamén aprendemos onde está Canadá, que animais viven no polo Sur , onde está a pupíla , e..... as letras para poder escribir esas palabras tan importantes coma MAMÁ , PAPÁ , e moitas outras coma: amigo , quérote , gominola , monster high , spiderman , e os números para poder dicir ..xa teño 3 anos!!!!
.Pero sobre todo aprendemos a querernos e a respetarnos e espero que eso non o esquezades nunca , en todas as facetas da vosa vida.
Estes tres anos pasaron moi rápido , sodes a primeira xeración de PITIÑOS LILAS , espero que saian moitas máis , pero sendo os primeiros ocupades un lugar especial no meu corazón .
Xa sabedes que vos quero , e que cando necesitedes algo sempre me atoparedes na clase LILA .
MOITOS BICOS E MOITA SORTE NA VOSA NOVA ANDADURA .
ANA .
E moitas grazas as familias por axudarme neste traballo tan maravilloso que é ser Mestra .
GRAZAS .
No hay comentarios:
Publicar un comentario