Purple Pitiños

LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES UTILIZAR PARA CAMBIAR EL MUNDO. NELSON MANDELA
ola

martes, 29 de octubre de 2013

Máis Samaín

Durante estes días de Samaín fixemos un montón de cousas.
- Un mural entre tod@s , pintámolo coas mans de cor laranxa e quedou ben bonito.



 - Un día que Ana non estaba ( tiña que ir ao médico........je je.) visitáronnos.......... tres BRUXAS !!!!!!!!!!!!!!!!que cantaron ,bailaron e fixeron feitizos , ata algunha deunos coa escoba na cabeza


  

- Valeiramos nós dúas cabazas , unha por cada equipo, foi moi divertido  !!!!!!!! enchemos as mans de sementes e de carne de cabaza laranxa  !!!!!!!!  

( a alghuns/as parecianos un pouco "pringoso").











- E por se tiñamos algún medo  !!!!!!!!! debuxámolos na casa cos papis , e metémolos  todos nunha "caixa comemedos " para que nunca máis nos volvesen asustar  !!!!!!!!!

















- Todo iso fixemos estes días e........mañá iremos ver á biblioteca que seica está chea de cabazas moi moi fermosas , xa poñeremos as fotos que o corroboren  !!!!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario